Convocatorias para solicitar os servizos avanzados dos programas reacciona a reacciona tic

http://reacciona.igape.es/wp-content/uploads/2016/09/presetacion_190916.pdf

As empresas interesadas en mellorar a súa competitividade ou avanzar na súa dixitalización acollóndose á ampla oferta de servizos especializados ofertados polos programas Reacciona e Reacciona TIC poden solicítalo directamente, a través da web do Igape, ata o próximo 28 de febreiro.

O programa ReAcciona do Igape ten como obxectivo prioritario incrementar as competencias dos xestores das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente. Esta iniciativa pon a disposición das pemes un conxunto amplo de servizos para facilitar a implantación de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o relanzamento comercial, a estratexia ou os procesos de produción, na procura dun impacto positivo global nas compañías.

O programa Reacciona TIC, impulsado conxuntamente polo Igape e a AMTEGA, facilita servizos para o impulso da industria 4.0, orientados a establecer novas fórmulas de produción e a impulsar a fabricación de produtos diferenciados e de calidade a través de novos modelos e procesos de deseño, creación e distribución. Así, as pemes poderán acceder a servizos que lles permitan unha maior flexibilización, automatización, interconexión e sustentabilidade.

Ademais, no ámbito da empresa dixital, o Reacciona TIC facilitará a prestación de servizos para promover a conectividade. As Pemes beneficiarias poderán acceder, entre outros, a servizos de soporte para a implantación de solucións de mobilidade que melloren a conectividade con traballadores, clientes ou provedores; para a incorporación de solucións TIC orientadas mellora da xestión empresarial; ou para a implantación de solucións de marketing dixital que permitan optimizar a presenza da empresa en Internet.

http://reacciona.igape.es/index.php/casos-de-exito/

Deja una respuesta